Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de afectados pola AP-9 presenta un informe de impacto ambiental

RR_Noticias

O colectivo convoca aos veciños a unha asemblea no Multiusos do Pieñeiral o sábado 20 ás 18:00 horas. Presentarase aos asistentes o informe elaborado para acompañar o contencioso administrativo que teñen aberto contra o Ministerio de Medio Ambiente.

A asociación de afectados pola ampliación da autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela convoca aos veciños a unha asemblea informativa que se vai celebrar o vindeiro sábado día 20 no Multiusos do Piñeiral ás 18:00 horas. O obxectivo é trasladar aos asistentes o informe de impacto ambiental que o colectivo presentará ante a Audiencia Nacional para avalar o contencioso administrativo que teñen presentado contra o Ministerio de medio Ambiente.
Con esta documentación os afectados queren demostrar a necesidade de que dende as administracións se esixa como trámite imprescindible a Fomento a elaboración dun estudo de impacto ambiental que analice polo miúdo as consecuencias que a ampliación de Rande tería para a contorna.
Aseguran que os estudos realizados ata o de agora tanto pola concesionaria da autoestrada Audasa como polo propio ministerio son “pobres e feitos a correr” e denuncian que as persoas que están a vivir preto da autoestrada levan anos sufrindo a contaminación ambiental e acústica sen saber os riscos que isto provoca, “algo que dende as administración lonxe de solucionalo aínda queren agravar coa ampliación da vía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará