Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Programa Preescolar na casa asesora a pais e nais na educación dos seus fillos

RR_Noticias

Orientar ás familias e facilitar aos pais e nais a educación e crianza dos seus fillos nos primeiros anos de vida é o traballo que desenvolve a fundación Preescolar na casa, unha organización sen ánimo de lucro que conta con varios grupos en toda a comarca. Esta tarde organizan unha nova reunión no Multiusos de Arcade para familias con nenos de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos.

Nesta sesión estará presente a mestra e orientadora Isabel Campos Fernández quen nos explicaba que o obxectivo das xuntanzas é que as familias compartan as súas problemáticas e entre todos procurar solución satisfactorias. Unha fundación que comezou a traballar hai xa 30 anos e que tres décadas despois comproba como os cambios sociais se trasladaron tamén ao ámbito familiar e educativo. Isto tradúcese en moitos casos nunha maior inseguridade á hora de decidir como educar aos nosos cativos. Tentar asumir as responsabilidades que implica ter un fillo e afrontar a súa educación escoitando as necesidades do cativo son algunhas das recomendacións que se escoitan nestes grupos onde se recomenda fuxir dos verbos imperativos como fórmula educativa. Un servizo gratuíto que funciona en Redondela, con dous grupos un no centro de saúde e outros na Casa da cultura, pero tamén nos concellos de Pazos e Soutomaior.

Isabel Campos Preescolar na casa
Un traballo de orientación
Problemáticas actuais
Co paso dos anos tamén mudan as preocupacións e problemáticas dos pais á hora de educar
Fuxir dos verbos imperativos
Atender as necesidades reais dos cativos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará