A iniciativa, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, desenvolverase no concello ata o vindeiro sábado 4 de decembro e sorteará entre os clientes do comercio local 24 vales de compra por valor de 100 euros e dous de 300.
Trátase dunha campaña de dinamización comercial que promove a reactivación do pequeno comercio segundo nos explicaba a coordinadora da oficina provincial de comercio, Alma Pérez xa que “os vales permitirán seguir investindo no propio comercio local” A carpa está xa instalada na praza de Figueroa e durante os vindeiros días repartirase entre os establecementos participantes material de promoción. Para poder participar nos sorteos, os consumidores deberán presentar os seus tickets de compra. O último día da campaña, o sábado día 4, realizarase o sorteo dos vales . Estra actividade de reactivación inclúe tamén unha oferta de animación lúdica coa instalación dunha carpa na que se desenvolverán actividades orientadas principalmente aos cativos. Con estas iniciativas búscase loitar contra a tendencia do consumidor de desprazarse aos centro comerciais e promover que se queden en Redondela a facer as súas compras no pequeno comercio “onde poden atopar toda a oferta que necesitan sen necesidade de se desprazar”.