A Fiscalía pide un ano e 10 meses de cárcere para un condutor acusado de atropelar a un mozo que, acompañado de catro amigos, o abrodara na madrugrada do domingo 20 de abril do 2008 para darlle unha malleira cando aparcaba o seu coche no centro de Arcade.
O denunciante foi arroiado tras saltar ao capó do vehículo. O condutor arrincou o motor, acelerou e levou por diante ao seu agresor, que caeu ao chan e sufriu lesións cervicais leves e algunha escordadura. A vítima e suposto agresor denunciou ao condutor por atropelalo nun paso de peóns. Todo apunta a que o lesionado pretendía que o incidente se considerase un accidente de tráfico para que a aseguradora asumise a indemnización.
O implicado compareceu onte no Xulgado do Penal número 2 de Vigo, acusado polo fiscal dun delito de lesións. O fiscal logo de oír todas as versións, reduciu a petición de pena de catro anos a 22 meses de cárcere porque lle beneficiou cunha eximente incompleta de actuar movido por un medo insuperable a ser agredido.
O incidente ocorreu durante unha noite do fin de semana hai dous anos e medio cando cinco mozos se dirixiron cara o condutor Fernando C.M. para reclamarlle unha débeda. Fernando alegou no xuízo que actuou en lexítima defensa, xa que os seus cinco supostos agresores cruzaron un paso de peóns e abordáronlle cando aparcaba o coche na avenida de Castelao en Arcade. Un dos integrantes deste grupo recoñeceu no xuizo os feitos explicando que a súa intención era agredilo cando arrincou o coche.
Tras oír ese relato, a Fiscalía modificou a súa acusación, ao entender que o denunciante se subiu voluntariamente ao capó do coche do acusado, quen non o levou por diante a propósito, senón por medo.