O ruxe-ruxe na vila fala de cambio, pero dende o BNG nin se confirma nin se desminte. Entenden que é preciso “cumprir os trámites” e non será ata o vindeiro sábado cando no transcurso da Asamblea local se dea a coñecer a candidatura que o partido presentará ás vindeiras elección municipais.
O propio concelleiro Carlos Pazos eludía calquera tipo de manifestación respecto a candidatura que o seu partido presentará aos comicios de maio e remitíase á asemblea local que se celebrará o sábado as 18:00 horas. Pola súa banda o responsable local do Bloque, Xoán Carlos González anunciou que será unha única candidatura a que se presente a esa asemblea pero evitou adiantar as persoas que conforman a lista, composta por 11 nomes. Si falou do obxectivo do BNG para as municipais “medrar ata chegar a ser a primeira forza política”.