Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios de Arcade preparan a I Feira de hostalaría de Soutomaior

RR_Noticias

O recen elixido presidente da asociación de empresarios Arcade Soutomaior Bernardo José Abal asegura que asume o cargo ao fronte do colectivo con “ideas revolucionarias” xa que entende que é preciso en momentos de dificultades como o que estamos a vivir botar man de “iniciativas novidosas e ilusionantes”.

Con ese espírito está a traballar xunto co resto dos membros da renovada directiva nun plan de actividades que inclúe a celebración da I feira de hostalaría do concello. O obxectivo é organizar unha feira de mostras na que se poidan expor as últimas novidades do sector Incrementar a colaboración co concello ou promover en maior medida a semana gastronómica son outras das liñas de traballo que está a seguir a asociación nun momento no que a crise está a afectar en gran medida á hostalaría local. Por unha banda, e segundo explica Abal “baixou notablemente o gasto medio dos clientes que acoden aos restaurantes aínda que a peor parte a levan os bares e cafeterías quen notaron un descenso tanto no recadado como no número de clientes”. Neste mandato, que se prolongará previsiblemente durante catro anos, Abal contará co apoio de Antonio Álvarez López na presidencia, Andrés Cal como novo secretario e Jacobo Martínez, quen asume a tesourería. Entre todos esperan contar co apoio e maior participación de asociados e non asociados.

José Abal presidente empresarios de Arcade
A crise está a afectar en gran medida ao sector da hostalaría
Plan de actuación
A I feira e promover a semana gastrónómica son algunhas das medidas nas que están xa a traballar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará