Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG demanda financiamento para a construcción do centro de día e a gardería de Chapela

RR_Noticias

O partido nacionalista ven de presentar unha serie de emendas aos orzamentos da Xunta nas que demandas ademais a construcción dun edificio de usos múltiples na zona escolar de A Marisma e reclaman tamén, por segundo ano consecutivo, que se amplíe o peirao de Cesantes cunha construcción sobre pivotes.

Dende o BNG entenden que as tres actuacións serían primordiais para o noso concello polo que reclaman ao goberno galego que dote de financiamento as tres obras.
Por unha banda destacan a necesidade de construír en Chapela tanto un centro de día como unha gardería como “equipamentos imprescindibles para unha parroquia en medre continuo e que na actualidade rolda os 10:000 habitantes”.
Entenden tamén que sería necesario a construcción dun edificio de usos múltiples na zona escolar de A Marisma, concretamente nas inmediacións do centro Pedro Floriani para a instalación tanto dun comedor escolar como dunha sala de conferencias e biblioteca.
E finalmente volven demandar do goberno galego unha partida para a ampliación sobre pivotes do peirao de Cesantes “ademais da súa prolongación para que máis barcos poidan atracar, e mesmo manter unha liña regular coa Illa de San Simón en tempada alta”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará