Resultados previsibles en primeira nacional. O Paraxe Chapela sitúase na sexta praza da táboa logo de vencer por 33 goles a 29 ao Lalín. A Sar pola súa banda caía na súa visita á casa do Mecalia Novás por 33 goles a 23.
O Mecalia Novás non deu opción aos de Redondela e acadou unha cómoda vitoria nun partido no que a Sar en ningún momento causou perigo para os locais.
O encontro rematou co resultado de 33 goles a 23 a favor do Novás. A peguform Sar mantense nos últimos postos da táboa, é antepenúltimo e difícil o ten de cara á vindeira xornada, xa que aínda que xoga na casa recibe ao líder da categoría, o Gijón.
Mellor lle foron as cousas ao Chapela que avanza paso a paso cara a zona de ascenso. Así, logo de superar esta fin de semana ao Lalín nun intenso e igualado choque sitúase no sexto posto da categoría. Marcador final a favor do Chapela que vencía ao seu rival por 33 goles a 29. A próxima cita leva ao Paraxe Chapela á casa do décimo clasificado, o Zamora.