O rapaz, Luís David M.L. de 15 anos de idade permanece ingresado na UCI no Hospital Xeral de Vigo a onde foi trasladado logo de ser atropelado ás tres da madrugada do domingo na Avenida Mendiño. O condutor do vehículo Volkswagen Polo que causou o accidente pasará hoxe a disposición xudicial.
Un menor de 15 anos de idade permanecía onte ingresado na UCI do Hospital Xeral de Vigo en estado grave e en coma profundo logo de ser atropelado na madrugada do domingo ás portas da discoteca La Fábrica en Redondela. Segundo información da policía local os feitos producíronse preto das tres da madrugada cando a vítima, Luís David M.L. de 15 anos de idade e veciño de Cesantes, foi supostamente atropelado por un Volkswagen Polo que se deu á fuga.
Grazas ás testemuñas dos numerosos mozos que a esas horas se atopaban nas inmediacións da discoteca, o vehículo puido ser localizado dúas horas despois por membros da policía municipal do mesmo xeito que o seu condutor, José Antonio D.D. de 19 anos de idade e veciño tamén de Cesantes.
Cando foi arrestado o mozo deu positivo na proba de alcoholemia, cunha t0061a de 0’67 na primeira medición e 0’51 na segunda.
O detido pasou a noite nos calabozos da comisaría viguesa e hoxe pasará a disposición xudicial.