Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Morre o menor atropelado en Redondela por un condutor que quedou libre con cargos

RR_Noticias

O mozo Luís David Matilde lago de 15 anos de idade e veciño de Cesantes será soterrado esta tarde na igrexa parroquial de San Pedro. O condutor  do Volkswagen Polo que o atropelou na madrugada do domingo quedou en liberdade con cargos logo de prestar declaración no Xulgado de Redondela

O xulgado de primeira Instancia e Instrucción de Redondela deixou onte en liberdade con cargos a José Antonio D.D. de 19 anos de idade e veciño de Cesantes. A xuíza impútalle dous supostos delitos, un contra  seguridade do tráfico ao dar positivo na proba de alcoholemia cunha taxa de máis de máis do dobre do permitido e outro de lesións imprudentes que podería derivar nun presunto homicidio por imprudencia. A xuíza impúxolle ademais as medidas cautelares solicitadas pola fiscalía: a intervención do vehículo, e a retirada do carné de conducir e do permiso de circulación.
O menor atropelado, Luís David non puido superar as graves lesións sufridas no accidente que se producía na madrugada do domingo ás portas da discoteca La Fábrica. O mozo de tan so 15 anos de idade falecía onte no Hospital Xeral de Vigo onde tiña ingresado en coma a consecuencia dun grave traumatismo craneoencefálico.
O Tanatorio Tanamañó acolle o velorio do adolescente cuxo funeral celebrarase ás 17:00 horas de hoxe na Igrexa parroquial de San Pedro de Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará