O lume orixinouse nunca caldeira de gasóleo e causou importantes danos materiais no inmoble, en cuxo baixo hai un taller de carpintería de aluminio. O propietario tivo que ser trasladado a un centro hospitalario con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono
O Grumir de Redondela foi o primeiro en acudir ao sinistro sobre as tres da madrugada de onte así como a Policía Local e os bombeiros de Vigo. O lume, que provocou importantes danos materiais da vivenda na que está instalado ademais un taller de carpintería de aluminio, orixinouse posiblemente por un fallo eléctrico na caldeira.
O incendio propagouse ao andar superior onde residen o propietario do negocio, a súa muller e un fillo, sendo afectadas polas lapas o balcón da vivenda así como dous cuartos.
Unha ambulancia do 061 evacuou sobre as 5:30 horas da madrugada ao home de 65 anos de idade con síntomas dunha posible intoxicación por monóxido de carbono, pero xa foi dado de alta.O lume causou importantes danos materiais na vivenda unifamiliar ubicada no número 21 da rúa Manuel Rodríguez Casal na zona de Caardona xa que danou completamente o baixo onde se atopaba o negocio de aluminio Sistemas Cardona 25 SL.