Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reboreda prepara mobilizacións contra a A-59

RR_Noticias

Os veciños da parroquia iniciaron xa unha campaña de recollida de sinaturas logo de coñecerse que a empresa Acciona comezará o 10 de xaneiro coas catas xeolóxicas e a delimitación definitiva do trazado
 

Douscentos veciños asistiron onte en Reboreda a unha xuntanza convocada por diferentes colectivos da parroquia para analizar as últimas informacións sobre o proxecto de Fomento para a A-59. A Comunidade de Montes, a asociación de veciños Alvedosa e a Plataforma Cidadá contra a Autovía explicaron aos asistentes que o proxecto de execución está xa aprobado e que a empresa Acciona ten pensado comezar coas catas xeolóxicas e a delimitación definitiva do trazado a partir do 10 de Xaneiro.
De todos os presentes só unha persoa apoiou a construcción da autovía, mentres que o resto dos asistentes acordaron iniciar un calendario de mobilizacións e accións protestas.
A primeira destas accións será recoller sinaturas solicitando a paralización do proxecto, unha sinaturas que lle serán trasladadas ao Concello de Redondela, ao Ministerio de Fomento e a Demarcacións do Estado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará