O Centro Cultural Chan das Pipas acolle hoxe un obradoiro para crear figuras de chocolate. O xoves, continuando cao programación de Nadal os rapaces e rapazas de Saxamonde pedirán o aguinaldo cos tradicionais cantos de Reis que percorrerán a parroquia na mañá do festivo, sempre e cando o tempo o permita.
Unha xornada de convivencia é o que nos propoñen para esta tarde dende a directiva do Centro cultural, cun obradoiro de figuras de chocolate a cargo de Luísa Cayetano. Experta na gastronomía para cativos, nesta ocasión ensinará aos participantes no taller a elaborar e crear figuras a partir de chocolate negro ou branco. O vindeiro xoves e por décimo ano consecutivo, os rapaces e rapazas da parroquia percorrerán as casas da zona pedindo o aguinaldo cos tradicionais Cantos de Reis. Se o tempo o permite sairán ás 9:30 horas dende o centro cultural. A programación do Nadal chegará ao seu remate o vindeiro domingo coas proxeccións das películas “A flor máis grande do mundo” e a comedia de animación e aventuras “Como entrenar a tu dragóns” ás 17:00 horas.