Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco suma tres puntos de ouro diante do R.Bahía

RR_Noticias

Os de Julio Álvarez deixaron atrás unha negra racha de resultados negativos e fixéronse cun importante triunfo en Santa Mariña para rematar a primeira volta da liga na 11ª posición da táboa. Mentres na Primeira Autonómica os partidos de Chapela e Arcade remataron con derrotas para os equipos da comarca.

Preferente AutonómicaChoco 1-0 R. BahíaO partido disputado onte no campo de Santa Mariña era de vital importancia para os dous equipos. Para o R.Bahía, porque supoñía manterse na parte ala da táboa, pero o resultado era aínda máis trascendental para os da casa, que comezaban a perigar na metade da clasificación. O Choco comezou o encontro dominando ó rival, pero o bo xogo amosado polos de Julio Álvarez non se facía efectivo de cara á portería, e non chegaban ocasións claras para adiantarse no marcador. Xa na segunda metade os redondeláns seguiron acosando a meta visitante, e o gol chegou no minuto 50, un centro de Molinos pola esquerda que Calo cabeceou para poñer o 1-0 no marcador. OS de Julio Álvarez non se deron por satisfeitos e seguiron intentando ampliar a vantaxe, pero a mala sorte na puntería e os acertos do gardameta do Rápido Bahía fixeron que o 1-0 fora o resultado final, e os tres puntos quedaron en Redondela. Este resultado deixa ó Choco na 11ª posición da táboa, coa que remata a primeira volta. A próxima xornada comeza a segunda volta desta liga. Os de Julio Álvarez comezan na casa, onde recibirán ó Hío, o equipo do Morrazo non atravesa o seu mellor momento, son 14º. Pero antes o Choco deberá xogar ese mércores o encontro aprazado co Barbadás, o actual líder. Será o mércores.
Primeira Autonómica
Tomiño 2-0 Chapela
O Chapela regresou coas mans valeiras do seu desprazamento a Tomiño. O encontro estivo moi igualado, pero os locais foron máis efectivos nos seus achegamentos a meta, e anoaron dous goles. A derrota deixa ó Chapela nunha situación complicada na táboa, son 14º, e na próxima xornada reciben ó Domaio, outro dos equipos da parte baixa da táboa, aínda que suma tres puntos máis que os de Redondela.
Salvaterra 3-1 Arcade
O líder da categoría demostrou diante do Arcade a súa calidade, e deixou fóra ós de Soutomaior con tres goles de Alaín, Chus e Juan Lira. Con todo, o partido tivo a súa emoción, xa que chegaron ó descanso cun marcador de 2-1. O Salvaterra remontou o gol inicial dos de Jacobo Montes, aínda que o Arcade na segunda metade fóronse arriba e tentárono todo, pero sen éxito. Agora son 15º, empatados co Chapela.O próximo domingo xogan na casa co Valadares, equipo da metade da táboa.Terceira AutonómicaCesantes 3-2 Praderrei
Moitos goles no encontro do Cesantes, que rematou con victoria para os de Redondela. Os tres puntos déixanos na 10ª posición da táboa. O domingo comezan a segunda volta xogando na casa co Moraña, un dos equipos fortes do grupo, que agora é 4º.Bueu 1-2 Arcade B
O filial do Arcade rematou a primeira volta desta liga cunha victoria sobre o Bueu, o que os deixa na 11ª posición. O domingo comezan a segunda volta nun campo complicado, o do Cruceiro B, o 2º deste grupo.Presqueiras 2-7 Soutomaior
Os de Soutomaior remataron a primeira parte da liga goleando na casa do pechacancelas, co que xa son 6º. A segunda volta comezarana o domingo no campo do Santomé, equipo que é 5º e co que están empatados a puntos.Valadares 3-0 ChocoOs redondeláns remataron a primeira volta desta liga perdendo e por goleada no campo do Valadares. A derrota déixaos na 10ª posición da táboa. O próximo domingo comezan a segunda volta e volven xogar fóra, neste caso no campo do pechacancelas, o Moledo.Vilariño-Vilar-suspendido
Nespereira 0-0 LouredoEmpate sen goles para rematar a primeira volta desta liga, que deixa ó Nespereira na 10ª posición. A próxima xornada reciben ó Lirens, equipo que está un posto por baixo dos de Pazos
Fútbol Sala-Autonómica SurRedondela 3-4 Mobles Andrade
Os redondeláns non estiveron acertados cara a gol, cousa que si fixeron os visitantes rematando as poucas ocasións que tiveron. Os de Manoliño comezaron mandando no xogo pero sería o equipo ourensán o que se adiantaba no marcador por medio de Brais a falta de 7 minutos para o descanso, pero un gol de Jorge cando máis dominaban os redondeláns a falta de 1 minuto deixa táboas no marcador. Comezaba a 2ª parte cos ourensáns dominando no xogo e os locais pechados e sen ideas ofensivas, ata que un erro visitante foi aproveitado por Albert para ir por diante no marcador 2-1. Logo os visitantes pecháronse atrás e o Redondela gozou das mellores ocasións. Os visitantes ó contraataque facía moito dano e así chegou o empate por medio de Ramón. O Redondela desapareceu do encontro e co cúmulo de faltas esgotadas as cousas puxéronse complicadas para os locais, que intentaban facer dano ó equipo visitante. Un regalo de Saúl ó carón da portaría local que aproveitaron os visitantes para facer ó 2-3 e o 2-4 por mor dun dobre penalti a cargo de Brais a falta de 2 minutos para o remate do encontro desarmou ós redondeláns,  que por medio de Jorge Cabanelas facían ó 3-4 definitivo e sen tempo para mais. O resultado deixa ó Redondela na 10ª posición da táboa. E o próximo sábado volven xogar na casa, recibirán ó Bembrive, 7º clasificado do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará