A afortunada co premio entregado pola asociación de Empresarios de Redondela dentro da campaña de Nadal selara o seu vale na tenda de fotografía Cal 3. María Luísa Alonso Míguez foi a agraciada cun ano de autobús gratis
Noelia Magariños durante os vindeiros 6 meses non terá que preocuparse de cómo pagar as súas compras que efectúe no Comercio e Hostalaría de Redondela, so terá que ver e escoller nos establecementos asociados, e a Asociación de Empresarios de Redondela fará o resto.
Noelia Magariños quen fixo as súas compras de Nadal no establecemento Cal 3 foi a afortunada gañadora dun soldo de 500€ ao mes en vales de compra. Durante os próximos 6 meses as compras que efectúe nos establecementos asociados que participaron na Campaña de Nadal da Asociación de Empresarios de Redondela sairanlle gratis.
Do mesmo xeito tamén levouse a cabo o sorteo dun ano de bus gratis en colaboración ca empresa Autos González S.L., e a gañadora neste caso foi María Luisa Alonso Míguez que durante este ano 2011 o transporte público será o xeito máis doado e económico para desprazarse por Redondela, xa que disporá de bus gratuíto nas súas liñas de Redondela.