Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación inviste 250.000 euros en traballos de mellora en varias estradas de Soutomaior

RR_Noticias

As obras, que comezaron hoxe ese prolongarán durante dous meses, desenvolveranse pola empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez e afectarán aos viais da zona do Conde, Devesa, a rúa Leiras, Veigas do Monte, zona Feira, Comboa, Sobral, Val Sobral e Baralla.

A Deputación comeza hoxe luns as obras enmarcadas dentro do proxecto de renovación de firmes en diferentes vías municipais de Soutomaior. Esta actuación se enmarca dentro do Plan de Investimentos da Deputación (PID), polo cal a entidade provincial investirá preto de 800.000 euros no citado concello. O prazo previsto para a actuación que comeza é de 2 meses e o presuposto de licitación ascende ós 221.971, 48 euros.
A empresa que realizará os traballos é Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela S.L. En xeral, se actuará sobre vías que se foron degradando co paso tempo, de xeito que presentan diversos desperfectos na pavimentación e os seus bordes veñen necesitando unha limpeza por mor da maleza existente.
En concreto, os traballos recaerán sobre os viais da zona do Conde, Devesa, a rúa Leiras, Veigas do Monte, zona Feira, Comboa, Sobral, Val Sobral e Baralla.
Pero este proxecto, ademais de perseguir a posta a punto das estradas de competencia municipal do concello de Soutomaior, inclúe tamén a mellora do firme dun camiño peonil de xabre e a construción dunhas escaleiras nun pequeno noiro para facilitar o acceso á Casa do Pobo de Val Sobral. Nesta mesma parroquia se executará un muro de mampostería a modo de pechamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará