O PP cualifica de “improvisación, despilfarro e continuismo” a modificación aprobada no pleno extraordinario do venres que prevé destinar 1’5 millóns de euros a diversas obras municipais
O candidato do PP a alcaldía Javier Bas manifestou o total rexeitamento do seu partido ao cambio de inversións previsto para este ano 2011 no Concello de Redondela acordado no pleno do pasado venres. Segundo explicaba o edil de urbanismo, Emilio González Iglesias trátase dun remanente de tesourería do que se destinarán 600.000 euros a ampliar a rede de abastecemento e saneamento. 500.000 euros a mellora de viais, 180.000 a reparación no Multiusos da Xunqueira, 120.000 euros á mellora dos vestiarios do pavillón de Chapela, 100.000 para a redacción do Plan Xeral e 54.000 que se investirán nunha escultura na praza de Ribadavia. Dende o PP entende que este cambio aprobado polo goberno local no pleno extraordinario do venres responde a unha política de “improvisación, despilfarro e continuísmo” por parte de PSOE e BNG. Critican especialmente que se destinen 54.000 euros destinaranse ao acondicionamento da praza de Ribadavia, “unha obra que a día de hoxe pode esperar xa que existen outras prioridades no municipio como son a creación de emprego ou a mellora dos servizos sociais” así como os 100.000 euros destinados para o PXOM “trinta anos despois de esperar por el, acórdanse agora, a catro meses das eleccións, da súa necesidade” González iglesias lembráballes aos populares que a carencia do Plan Xeral non é algo exclusivo de Redondela xa que todos os concellos incluídos os gobernados polo PP están a padecer os cambios reiterados nas lei urbanísticas e aseguraba que os cen mil euros investiranse para que a corporación que saia das elección de maio teña xa adiantado unha adaptación do plan xeral que lle permita gañar tempo.