Na sesión ordinaria de mañá ademais da comparecencias do edil delegado de tráfico e protección civil, debaterase o pago de 7.716 euros aos traballadores do Concello en concepto de horas extras desenvolvidas en decembro e a aprobación definitiva do regulamento municipal dos taxis.
No novo horario aprobado pola corporación municipal, arrancará mañá ás sete da tarde a sesión ordinaria correspondente ao mes de xaneiro unha sesión plenaria na que se abordarán entre outros puntos o recoñecemento do pago de 7.716 euros ao persoal do concello en concepto das horas extras realizadas no mes de decembro así como a aprobación definitiva do regulamento municipal dos taxis.
A nova normativa, que fora aprobada inicialmente no pasado mes de setembro, establece a obrigación de instalar taxímetros nos vehículos, o que acabará co tradicional sistema de cobro que permitía cobrar os traxectos en taxi segundo os quilómetros ou segundo o establecido nunhas táboas de percorridos.
Por outra banda, e respondendo a unha petición do PP, o Concelleiro socialistas Eduardo Reguera deberá comparecer para explicar entre outras cuestións a denuncia presentada por ex traballadores do GRUMIR contra o concello por contratacións irregulares e despedimento improcedente.
O edil, responsable de tráfico, deberá explicar ademais en qué situación queda a parroquia de Chapela logo de que dende o Concello de Vigo se anunciase a súa intención de desviar por Chapela o tráfico portuario con destino ás naves do litoral de Teis a partir de marzo.