Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Multiplícase o número de terrazas en Redondela por efecto da lei antitabaco

RR_Noticias

A concellería de interior confirma que foron varios os locais de hostalaría que solicitaron un permiso anual para instalar terrazas, cando ata o de agora os permisos eran trimestrais e concentrábanse exclusivamente no período estival.

A lei antitabaco que entraba en vigor hai un mes ten tamén os seus efectos nas rúas da vila. Nas últimas semanas foron varios os locais de hostalaría que optaron por sacar á rúa mesas e cadeiras nun intento de tentar paliar os efectos económicos dunha lei que prohibe acender o cigarro dentro dos establecementos. A alternativa é facilitar aos clientes un lugar onde poder acompañar o café co tradicional pitillo. E así, a pesar das baixas temperaturas que se están a vivir nos últimos días na vila as terrazas estanse a multiplicar. Un feito do que teñen constancia na Concellería de interior. A súa titular, Laura Lago recoñece que foron varios os propietarios que teñen previsto solicitar permiso para manter a terraza en activo durante todo o ano, cando antes tan só se tramitaban permisos de carácter trimestral, coincidindo co periodo estival. En canto ás taxas que teñen que pagar os locais actualmente a ordenanza municipal que regula a ocupación da vía pública estipula que por unha mesa e catro cadeira débense abonar 31 euros por tres meses e 92 euros no caso dun permiso anual. No concello non desbotan modificacións na normativa de cara a adaptala á situación actual, onde van ser máis o número de establecementos que opte por solicitar o permiso.

Laura Lago Concelleira de interior
Cada vez son máis os interesados en obter un permiso anual para as súas terrazas
Taxas
O Concello analizará si incluir algún cambio nas taxas actuais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará