Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Satisfacción na confraría ante a decisión de Portos de dar prioridade a construcción da lonxa

RR_Noticias

O patrón maior Clemente Bastos entende que non “hai marcha atrás no proxecto” e que finalmente a administración vai atender as demandas dos mariñeiros. Confían en contar co borrador do proxecto da lonxa no prazo de tres meses xa que está previsto que a obra se licite neste mesmo ano. A segunda fase do plan contempla un novo varadeiro e a continuación o edificio de deportes náuticos.

Portos de Galicia dará prioridade absoluta á construción da nova lonxa de Cesantes entre as actuacións previstas no programa de inversións que destina 6 millóns de euros para a remodelación das instalacións portuarias de Redondela. Así o ratificou o ente público tras escoitar aos técnicos e profesionais da localidade, así como á Corporación, nunha mesa de traballo que se desenvolvía o pasado venres. O orzamento estimado para o novo edificio, que se construirá no mesmo lugar que a actual lonxa, é de 600.000 euros e o compromiso da administración é de licitalo ao longo do presente ano segundo explicaba o patrón maior, Clemente Bastos quen espera contar co borrador do proxecto no prazo máximo de tres meses. A nova lonxa suplirá as carencias da actual ao contar con servizos tales como cámaras frigoríficas, vestiarios e un segundo andar para oficinas e salas de reunións O proxecto integral de Portos de Galicia prevé un investimento de seis millóns de euros para a realización dunha serie de melloras na zona portuaria de Cesantes que se deberían desenvolver entre o 2011 e 0 2015. Logo da lonxa, está previsto que a segunda das obras a realizar sexa un novo varadeiro cun investimento de 900.000 euros. Unha actuación que permitirá albergar un número maior de barcos o que se traducirá ao entender de Bastos “nun incremento en postos de traballo”, mentres que a terceira das actuacións previstas será a obra do novo edificio de deportes náuticos O patrón maior entenden que están postas as bases para que o proxecto sexa unha realidade e non quede nunca simple promesa electoral. Confía en que logo de anos reclamando melloras para o porto “non haxa marchas atrás unha vez que a primeira pedra xa está posta”.

Clemente Bastos Patrón maior
A lonxa será a primeira das obras que se fagan no porto de Cesantes
Varadeiro e edificio de deportes
Unhas melloras instalacións tamén poderían traducirse na creación de postos de traballo
Compromiso de Portos
O proxeto desenvolverase entre o 2011 e o 2015

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará