Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os “trogloditas” de Tanxarina inauguran a programación do Teatrarte 2011

RR_Noticias

Oito compañías teatrais pasarán durante as vindeiras semanas polo Multiusos da Xunqueira dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura. Talía teatro, Teatro do Morcego ou A Contrabutaca, son algúns dos grupos que achegarán nas vindieras semanas os seus últimos espectáculos a Redondela
 

A veterana compañía redondelá Tanxarina será a encargada de abrir o Teatrarte co seu espectáculo “Trogloditas”, unha nova montaxe baixo a dirección de Evaristo Calvo e coa sempre sorprendente escenografía de Pablo “O pastor” que nos convida a achegarnos á prehistoria.
En trogloditas os tres integrantes de Tanxarina, Miguel Borines, Eduardo Rodríguez ‘Tatán’ e Andrés Giráldez, volven compartir escenario cos monicreques, pero nesta ocasión de principio a fin.
Os actores protagonistas conseguen trasladar o espectador até a Prehistoria, cun humor que roza o absurdo, grazas a unha lograda ambientación, un vestiario impactante a cargo de Carlos Alonso e unha orixinal linguaxe. A música, interpretada en directo con instrumentos ‘primitivos’ de creación propia, tamén ocupa un lugar destacado na función onde non faltará o humor en estado puro, os monicreques de vara e moito traballo actoral.
Esta é a primeira das obras que se poderán ver dentro do teatrarte pero pasarán tamén polo escenario as compañías Talía teatro coa obra “Volpone” e o grupo Producións Teatrais excéntricas quen porán en escena “Un cranio furado”.
Ambas as dúas obras completarán a programación de febreiro aínda que serán  un total de 8 as que se poidan ver dende esta sábado e ata mediados de abril: “A nona” de Teatro do Morcego, “Ai Carmela” a cargo do Teatro do adro ou os “Frantasmas” de Acontrabutaca.
Xa en abril subiranse ao escenario “Os da Coviña” e o grupo 2toreros2.
As actuacións serán ás 20:00 horas a un prezo de 4 euros. Pódese xa adquirir o bono para todas as representación a un prezo de 28 euros.

MIguel Borines Tanxarina
A última proposta do grupo é a obra Trogloditas
Suso Ben programador cultural
A comedia volve ser o argumento máis socorrido neste ciclo
Oito obras de teatro
Suso Ben fálanos dalgunhas das propostas que poderemos ver en vindeiros sábados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará