Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mariscadoras maiores de 65 anos sen pensión esixen seguir traballando

RR_Noticias

A confraría de Redondela súmase ás protestas contra a retirada da axuda de 550 euros ás mariscadoras de a pé maiores de 65 anos que carecen de pensión por non ter cotizado un mínimo de 15 anos. A Consellería do Mar retirou o subsidio mensual polo que as confrarías demandan que se lles permita seguir faenando. En Redondela son 13 as mulleres afectadas.  

A nova Lei de artes e aparellos aprobada pola Xunta elimina a axuda de 557 euros que ata o momento cobraban aquelas mariscadoras a pé maiores de 65 anos de non cotizaran o tempo suficiente para cobrar unha xubilación. Esta axuda, implantada polo bipartito no 2007, pretendía garantir a subsistencia das mariscadoras que cumprida a idade de xubilación non tiveran cotizado á Seguridade social durante un período mínimo de 15 anos. Angel Lusquiños López, secretario da confraría, non entende por qué a Xunta nega a estas mulleres o dereito a seguir traballando xa que perdida a axuda e sen pensión, esa é a saída que lles queda para cobrar un salario. A Consellería do Mar mantén a liña destinada a subvencionar o pago da cotización á seguridade e que se establece nun máximo de 350 euros pero elimina a axuda asistencial que as mariscadoras recibían durante os anos que lles faltaban para acceder á pensión. Dende a Asociación galega de mariscadores denuncian que esta decisión da Xunta deixa a algunha das afectadas nunha situación de indixencia e piden á Xunta que se lles permita seguir a faenar ata cotizar o período mínimo necesario. En Redondela as afectadas son 13 mariscadoras, cifra que podería incrementarse ao longo deste ano no que hai varias traballadoras do mar que cumprirán os 65 anos.

Angel Lusquiños secretario da confraría
A confraría de Redondela denuncia a situación na que quedan as mariscadoras que chegan aos 65 anos sen cotizar un mínimo de 15
13 mariscadoras afectadas en Redondela
O número podería incrementarse nos vindeiros meses

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará