As reticencias do candidato socialistas á alcaldía Eduardo Reguera poderían estar detrás da decisión do actual rexedor local Xaime Rei a aparcar o proxecto de remodelación da praza de Ribadavia que contemplaba retirar o emblemático farol e substituílo por unha fonte luminosa en forma de pirámide triangular de máis de seis metros de altura obra do escultor Acisclo Manzano.
Rei anunciara o pasado 20 de xaneiro o investimento de 54.000 euros en dita escultura que ía cambiar radicalmente a imaxe que a día de hoxe presenta a praza. Sen embargo, tres semanas despois da marcha atrás e anuncia que a farola seguirá no seu sitio.
O motivo, evitar posibles prexuizos electorais ao candidato socialista Eduardo Reguera logo de que a medida non fora ben recibida por moitos veciños.
Explica Rei que a tan so uns meses dos comicios municipais prefire non acometer esta obra e deixar en mans da futura corporación a remodelación da praza, que ao seu entender é imprescindible.
Insiste en que si repetira el como candidato non dubidaría en seguir adiante co proxecto, pero que entende que non debe tomar decisións que afecten electoralmente a terceiras persoas.