Do actual equipo de goberno do PSOE de Redondela só repiten tres nomes: o do propio candidato Eduardo Reguera, a actual concelleira de interior, Laura Lago que ocupa o posto número tres por detrás do “recuperado” Luís Orge Míguez e o edil José García no oitavo posto da candidatura.
Unha “renovación total” segundo as propias palabras do candidato socialista con moitas caras novas nunha lista de que saen as “vellas glorias” do partido: Xaime Rei, Emilio González Iglesias, Manuel Iglesias e Carlos González, entre outros. Unha renovación que segundo confesan dende o PSOE era demandada “polos afiliados, simpatizantes e pola cidadanía en xeral logo de máis de 30 anos gobernando un mesmo grupo de goberno” e onde se procurou conttar cun maior achegamentos ás parroquias. Entre as novas caras destaca o avogado e presidente da SAR, Luís Orge no número dous ou o responsable de protección civil, Antonio Vázquez Saco, quen ocupa o posto sete. Súmanse tamén a esta candidatura caras novas como Antón Cabaleiro, Leticia González e Leonardo Cabaleiro. Unha aposta pola renovación que se traducirá segundo declaracións de Reguera nun xeito diferente de facer política “onde se dará máis cabida á participación cidadá e se escoitarán as ideas que aporten veciños e colectivos”.