O especialista en saúde e benestar da muller, Jorge González Ledo, impartirá mañá martes 22 unha charla sobre Muller e saúde na menopausa co obxectivo eliminar os estereotipos negativos existentes sobre esta etapa da vida e proporcionar recomendacións para a adquisición de hábitos saudables.
Será na casa da cultura o martes ás 19:00 horas na Casa da Cultura, unha cita aberta a todos os que queiran coñecer máis sobre esta etapa da vida, tal e como nos explicaba a técnica do CIM, Sandra Alonso Plata A Concellería de servizos sociais ten aberto ademais o prazo de inscrición para participar nun curso de Tai-Chi que arrancará o mércores no centro cultural de Cabeiro. Por outra banda, organizan un curso de informática que se impartirá na Asociación de mulleres Arela. As participantes recibirán coñecementos que lles permitirá empregar as ferramentas existentes para o tratamento dun documento Word así como unha introducción ao programa Excel. Impartirase os luns en horario de 19:00 a 21:00 horas e as persoas interesadas en participar deberán inscribirse na sede da asociación Arela.