Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O ministro de Xustiza inaugura en Redondela unha exposición sobre o médico Alejandro Otero

RR_Noticias

O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño visitará mañá Redondela para inaugurar ás 20:00 horas unha exposición sobre a figura do médico redondelán Alejandro Otero Fernández que se pdoerá visitar no Mulitusos ata o 25 de marzo.

A mostra, organizada pola Xuventudes Socialistas, fai un percorrido pola vida de Otero Fernández a través de doce grandes paneis onde se recolle diferente documentación relacionada co médico e destacado socialista, así como diferentes obxectos como un busto, un retrato ou un microscopio cedidos pola Universidade de Granada, onde o médico desenvolveu gran parte da súa actividade investigadora e docente.
Esta exposición, que se poderá visitar ata o 25 de marzo no Multiusos da Xunqueira, é o eixo central de todos os actos programados na memoria do médico nacido en Redondela no ano 1889 e falecido en México no 1953.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará