O entroido continúa vivo en Soutomaior onde mañá sábado continúan coas celebracións cun desfile no que participarán 12 comparsas da comarca. Os amantes das flores teñen a súa cita no Castelo onde se celebra a XI edición do Certame e exposición da camelia.
O concello de Soutomaior non quería quedar sen Entroido e o pasado ano decidiu experimentar coas datas e atrasar o desfile de comparsas unha semana para evitar así que a coincidencia con outras celebración na comarca lle restase público e participación. O experimento deu bos resultados e este ano repiten cun desfile no que participarán doce agrupación entre as que atoparemos As Marchosas de Arcade así como outras procedente de Poio, Vigo ou Mos. O desfile partirá ás 17:00 horas dende a Avenida Xosé Solla para rematar na Alameda de Talo Río onde haberá verbena coa orquestra La bámbola”. XI edición do Certame da Camelia E tamén na fin de semana terá lugar unha nova edición do Certame e Exposición da Camelia. No castelo de Soutomaior exporán os seus exemplares medio cento de expositores chegados de diferentes puntos da comunidade quen tentarán facerse co premio á mellor flor e mellor composición artística. Tampouco faltará a colaboración dos comercios que mostran nos seus escaparates verdadeiras obras de arte efémeras elaboradas con pétalos da flor A media tarde do sábado poderase acceder xa ao Castelo para asistir á exposición que poderá visitarse durante todo o domingo. As 18:00 horas está prevista a entrega de premios que estará amenizada pola Minibanda da Asociación Musical artística de Arcade.