Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela perde co OAR e da un paso atrás na súa loita polo ascenso

RR_Noticias

Non soubo o Paraxe Chapela plantarlle cara ao Oar Coruña no partido disputado o sábado no pavillón da parroquia redondelá. Os herculinos non desaproveitaron a oportunidade para levarse un triunfo pola mínima -32-33- o que supón un perigoso paso atrás para os chapeleiros de cara á pelexar pola segunda praza da clasificación. Con todo, peor lle van as cousas a SAR que continúan no penúltimo posto logo dun empate co Cisne a 24 goles.

O Paraxe Chapela chegou a ter varios puntos de vantaxe no partido do sábado, pero non soubo defender esa superioridade demostrada na primeira parte do encontro. Así no segundo tempo a esperanza comezou a desvanecerse debido aos erros e a falta de intensidade do xogo local, mentres os visitantes se aplicaban para lograr unha vitoria que ao final foise para a Coruña.
Logo de caer ante o OAR Coruña o paraxe cae tamén un posto en primeira nacional, agora son terceiros. Con todo o ascenso non é imposible e tentarán de seguro acadar un triunfo na próxima cita ante o Lalín.                                                
E tamén se lle escapou a vitoria á SAR no último minuto de partido o que supón un novo paso atrás na súa carreira cara a salvación. O descenso é praticamente unha realidade para os de Javier Barrios que non foron capaces de levantar esta tempada e que deixaban escapar unha nova oportunidade no partido disputado no pavillón da xuventude de Pontevedra con notable presenza de afeccionados redondeláns. Un encontro que remataba co resultado de empate a 24 goles.
O empate na fin de semana non lle serve á Sar para escalar postos na categoría. O equipo continúa no decimo terceiro posto da táboa e na vindeira cita recibe na bomboneira ao Atlético Novas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará