Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP demanda a reordenación do tráfico en Vilavella

RR_Noticias

O PP fai do tráfico un dos seus cabalos de batalla nestas semanas previas ás eleccións de maio. Logo de centrar as súas demandas na necesidade de que se incrementen o número de prazas de aparcamento propoñen agora a reordenación do tráfico no cruce do convento de Vilavella e a colocación de sinais para regular unha zona de estacionamento no cruce entre a Subida á estación e a N-550.

O candidato á alcaldía Javier Bas apunta que o cruce do convento é unha das zonas máis conflitivas debido a que os vehículos que entran e saen do núcleo urbano teñen que ceder o paso aos que soben e baixan pola estrada situada detrás do convento. Apuntan que sería máis lóxico que a prioridade neste cruce sexa para os vehículos que se dirixen cara o centro urbano ou que saen en dirección a Porriño e Vigo. Tamén propoñen a construción de máis beirarrúas e creación de novos pasos de peóns ben sinalizado e que garantan a seguridade para cruzar con tranquilidade.
Os populares constatan tamén a existencia de problemas na zona da Subida á estación, no cruce coa estrada nacional, onde hai unha parcela sen acondicionar que está sendo empregada por ducias de vehículos diariamente como aparcamento, e que non está nin sinalizado nin minimamente acondicionado para tal fin. A maiores, algúns destes vehículos ao saír acceden á estrada nacional circulando uns metros en dirección prohibida, facendo xiros tamén prohibidos, “e todo porque non existe sinalización algunha que impida estas manobras”. Neste sentido, dende o PP solicitan o estudio deste problema “dándolle unha solución de inmediato polo ben e a seguridade de todos, colocando as sinais pertinentes para a correcta circulación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará