A Sala da Audiencia Provincial de Pontevedra ven de confirmar a condena contra Ramón Rodríguez por unha falta de inxurias contra o alcalde Xaime Rei producidas durante o transcurso dun pleno no 2008.
Os feitos tiveron lugar o 29 de abril de hai tres anos cando ao finalizar unha sesión plenaria Rodríguez Carrera dirixiuse ao alcalde chamándolle “ditador e delincuente político”.
Uns insultos que ao entender do rexedor local menoscababan o seu honor motivo polo que decidiu presentar unha denuncia no Xulgado de Redondela quen fallou ao seu favor condenando a Ramón Rodríguez “como autor responsable dunha falta de inxurias”. A sentencia establecía “unha pena de 15 días de multa a razón de 6 euros por día”.
Rodríguez decidiu presentar recurso de apelación ante a audiencia provincial que ratifica agora a condena inicial.