Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e SAR disputan en Baiona os cuartos de final da Copa Deputación

RR_Noticias

Os dous equipos redondeláns remataron a liga da Primeira Nacional sen cumprir cos seus obxectivos. O Paraxe Chapela rematou quinto, sen opcións de disputar a fase de ascenso, e o Peguform Sar descende de categoría. Agora teñen por diante os cuartos de final da Copa Deputación, onde Chapela e SAR se enfrontarán ó Cisne e ó Lavadores, respectivamente.

Rematou a competición oficial na liga de Primeira Nacional con decepción para os dous equipos locais. A peor parte lévaa o Peguform SAR, que non conseguiu salvar a categoría e está xa descendido. Pola súa banda o Paraxe Construcións de Chapela tampouco conseguiu o obxectivo de rematar a liga entre os dous primeiros para participar na fase de ascenso. Os de Fran Teixeira remataron na quinta praza. O presidente do club, Manuel González Soto, amosa a súa decepción por este resultado, xa que “non se cumpriron as expectativas” logo de confeccionar un cadro de xogadores para optar á fase de ascenso. En canto á situación da SAR, Soto lamenta o descenso do eterno rival, co que asegura manter “unha boa relación”, asegura que supón “un pau” para o balonmán local, e confía en que os afeccionados poderán volver ver un derbi entre os dous equipos na Primeira Nacional moi pronto. No club de Chapela comezarán a traballar na próxima temporada a finais de mes, logo de disputar a Copa Deputación, e o presidente confía en poder renovar ó adestrador, Fran Teixeira, e facer algún cambio de xogadores. Agora o obxectivo é facer un bo papel nese campionato. Este sábado xogan os cuartos de final en Baiona. O Peguform Sar enfróntase ó Lavadores, ás 16.00 horas. O Chapela medirase ó Cisne ás 21.15 horas. Os que pasen a eliminatoria enfrontaranse en semifinais o sábado 30 de abril e a final disputarse o domingo día 1 de maio.  

Manuel González Soto presidente do Chapela
Na directiva amosan decepción por non ter acadado o obxectivo de disputar a fase de ascenso.
Chapela-SAR
Soto lamenta o descenso da SAR e confía en que os redondeláns volvan pronto á Primeira Nacional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará