Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Porque xogando tamén se aprende

RR_Noticias

Aprender non ten que ser aburrido ou aló menos iso pretenden demostrar dende a Asociación Xuvenil Xarume que se vai encargar de impartir na vindeira semana os obradoiros “Xogando coa lingua” que organiza a Concellería de Igualdade. A inscrición é gratuíta no teléfono 986 40 80 43.

O Obradoiro, dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos, ten como obxectivo espallar a práctica da lingua galega e mellorar a competencia lingüística dos participantes a través de xogos e actividades lúdicas. Desenvolverase no Multiusos da Xunqueira de Redondela os días laborais da Semana Santa, é dicir, luns 18, martes 19 e mércores 20 de abril, en horario de 11 a 13 horas. A Asociación Xuvenil Xarume é a encargada do deseño e desenvolvemento desta actividade na que os rapaces poderán facer xogos de paracaídas, xogos populares, actividades musicais, xogos de palabras e elaboración de xoguetes con material reciclado. Un xeito divertido de promover o uso do galego entre un sector – o da mocidade- cada vez máis afastado do noso idioma, segundo nos explicaba dende Xarume, Xandre Vázquez. Esta actividade pretende favorecer a conciliación da vida persoal e familiar das nais e dos pais durante os períodos de vacacións do curso escolar e, ao mesmo tempo, aproveitar para dinamizar e enriquecer o lecer dos cativos e cativas con recursos en lingua galega. Para participar será preciso realizar a inscrición previamente no Centro de Información a Muller na rúa Isidoro Queimaliños ou no teléfono 986 408043.

Xandre Vázquez Asociación Xarume
Xogos variados durante tres días de obradoiro
Achegarse ao galego
Unha actividade normalizadora que convida aos cativos a expresarse en galego

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará