O accidente laboral produciuse preto das nove da mañá cando dúas bobinas de tea asfáltica precipitáronse caendo sobre o traballador que resultou ferido grave, polo que foi trasladado ao Hospital Xeral en Vigo.
O ferido é un operario que estaba a traballar nas obras do futuro centro de deportes acuáticos de Chapela. Segundo información de Protección Civil eran preto das nove da mañá cando ao home caéronlle enriba dúas bobinas de tea asfáltica. O traballador foi trasladado Hospital Xeral nunha ambulancia do 061 onde quedou ingresado.
At o lugar do suceso trasladouse o concelleiro responsable de protección civil, Eduardo Reguera. Nun primeiro momento solicitouse tamén a presenza dos membros de Protección Civil ante a eventual necesidade de excarcerar ao ferido, actuación que non foi necesaria xa que o home non quedara atrapado.