Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura incrementa os premios no concurso dos Maios

RR_Noticias

A data límite para se inscribir remata o 29 de abril. Cada agrupación recibirá por participar 50 euros e o xurado outorgará tres premios nas categorías de maio tradicional e maio artístico, mellores coplas e mellor interpretación, que oscilan entre os cen e os 155 euros.

As agrupacións que se presenten deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. No apartado de maio tradicional incluiranse tan só os construídos con forma cónica empregando materiais vexetais, especialmente fiúncho, pampullo, peonias, laranxas e flores diversas, mentres que na categoría de maio artístico si terán cabida o resto das formas. O único material non vexetal permitido para a decoración dos maios nas dúas categorías é a casca de ovo.
En canto ás coplas deberán estar escritas en normativa oficial e será imprescindible que cada maio conte como mínimo con catorce coplas das que seis serán interpretadas diante do xurado
Como novidades deste ano colocarase un palco aberto na Alameda onde os maios soban e baixen de forma individual e se innova no procedemento de votación. Coa vontade de promover a corresponsabilidade, e por vez primeira na historia, os participantes poderán votar aos outros maios nas categorías de Maio tradicional e Artístico. Mediante un sistema de votación manual, o xurado recollerá un voto de cada participante nas categorías mencionadas que se sumará ao criterio do xurado como un membro máis.
Outras mudanzas afectan aos membros do xurado que incorporarán a súa vestimenta un sombreiro de folla de Faro como uniforme oficial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará