O mal tempo non impediu que milleiros de persoas se achegaran á Redondela durnate a fin de semana a degustar un choco que sabe a “gloria bendita” segundo afirmou o pregoeiro deste ano, o presentador de “Larpeiros”, Tomás Alonso.
A empresa de cathering Arealas levouse o primeiro na categoría novidade deste ano, un choco tropical que foi recoñecido como mellor sobremesa. Fíxose tamén co primeiro premio na categoría de mellor presentación e o seu salteado de choco con mirabeles acadou tamén a distinción máxima na categoría de mellor receita creativa.
Pero as novidades non estiveron só no concurso. Os stands de degustación, que despacharon máis de catro mil toneladas de choco, presentaron tamén un sorprendente kebap a base de choco que xunto co burrito, foron as opcións preferidas polos que querían degustar o choco dun xeito rápido e sen necesidade de sentar a comer.
A pesar do mal tempo, sobre todo na xornada do sábado, fioron milleiros as persoas que se deron cita en Redondela na fin de semana para sumarse e celebrar as vodas de plata deste gastronómico evento.
O cociñeiro e presentador do programa “Larpeiros” da TVG foi o encargado de ler o pregón onde non dubidou en definir o sabor do choco de “gloria bendita”.