Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.F. Chapela está á espera de coñecer o seu futuro deportivo e na directiva

RR_Noticias

Rematada a liga na Primeira Autonómica o Chapela descoñece aínda en que categoría militará na próxima temporada. Non sufriron o descenso directo, pero poderían verse prexudicados polos arrastres de categorías superiores. No plano da directiva tamén podería haber cambios. O actual presidente, José Luis Ballesteros, enfróntase a unha moción de censura que se resolverá o 22 de maio.

O futuro do Club de Fútbol de Chapela é aínda incerto, tanto no plano deportivo como da súa directiva. Unha vez rematada a liga na Primeira Autonómica, o equipo redondelán quedou nunha posición que non garante a permanencia. Logo do empate co filial do Bouzas ocupan a 14ª praza da táboa. Non sofren o descenso directo, que corresponde a Castrelos, Bouzas B e San Marín, pero están expostos ó que aconteza nas categorías superiores. Os posibles arrastres polo descenso de quipos galegos desde a Segunda B, Terceira División e Preferente Sur teñen ó Chapela -e tamén ó Arcade- pendente dun fío. O presidente do club, Jose Luis Ballesteros, fai agora balance dunha liga “con altibaixos”, na que o equipo padeceu “a falta de experiencia” dos seus xogadores nesta categoría. Ballesteros achaca á “xuventude” dos rapaces os resultados irregulares do equipo, pero amósase convencido da necesidade de seguir apostando “pola canteira” do club, xa que foron os mesmos xogadores que conseguiron o ascenso do equipo desde a Segunda Autonómica. O proxecto para a próxima temporada variará, en función de se o equipo mantén ou non a categoría. Pero tamén dependerá dos posibles cambios que se dean na directiva. De feito, o próximo día 22 de maio a actual directiva enfróntase a unha moción de censura promovida por un grupo de pais de xogadores das categorías inferiores. O candidato alternativo a dirixir o club é Carlos Béjar Luque, e a decisión tomarase por votación na Asemblea Xeral que se celebre o domingo 22 no Multiusos de Chapela, ás 11.00 horas.  

Jose Luis Ballesteros presidente
O futuro do equipo pasa polos posibles arrastres que poida haber de categorías superiores.
Moción de censura
O club está pendente do que aconteza na Asemblea Xeral coa presentación dunha moción de censura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará