A perda dun concelleiro por parte do BNG en Redondela supón un duro revés para os nacionalistas que quedan con tan só dous representantes na corporación. Entenden que a perda de apoios responde a un conxunto de factores que deberán analizar nos vindeiros días.
Os nacionalistas asumen a derrota electoral logo de ser un dos partidos máis prexudicados nas eleccións do 22M en Redondela. A candidatura que lideraba Pérez Orge lonxe de mellorar os resultados de hai catro anos sofre un descenso notable ao pasar de 1.912 votos a 1.642 o que se traduce na perda dun concelleiro. Á espera de facer unha análise máis exhaustiva entenden que o motivo desta perda de apoios responde a causas diversas: dende a propia diversificación do voto no concello por mor da presenza de novas forzas políticas de esquerda ata un problema de comunicación da propia formación “ao non saber trasladar á cidadanía o traballo feito no goberno”. Sobre un posible pacto electoral Pérez Orge entenden que se os partidos asumen o seu programa electoral vai ser moi difícil que se produza unha coalición a tres que impida un goberno do PP.