Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP gaña as aleccións en Redondela pero o futuro goberno dependerá dos pactos

RR_Noticias

A Agrupación de Electores convérsese en chave de goberno ao lograr os populares dez concelleiros, oito o PSOE, dous o BNG e un AER. Desaparece da corporación o Partido Galeguista e non acadan representación nin a FPG nin EU.

A gran sorpresa da noite foi o concelleiro logrado pola Agrupación de Electores de Redondela, formación que se presentaba por primeira vez ás eleccións e que ante o axustado dos resultados convértese en chave de goberno.
Unha eventual coalición PSOE-BNG igualarían en número de concelleiros aos acadados polo partido que lidera Javier Bas, polo que o edil de AER será o que teña na súa man desfacer este empate.
Os vencedores indiscutibles foron os populares que con 6.635 votos logran o apoio de 1.825 electores máis que hai catro anos. Unha vitoria que non supón a maioría absoluta, polo que o futuro da alcaldía de Redondela continúa no aire á espera de posibles pactos postelectorais que aglutine os apoios de PSOE, BNG e AER.
Os socialistas lograron tamén incrementar o número de votantes e acadar preto de cinco mil votos (4.962), unha cifra que lles permite manter os oito concelleiros dos que xa dispuñan no anterior mandato. Pola súa banda, un dos grandes prexudicados nestes comicios son os nacionalistas, o BNG de Cecilia Pérez Orge perde 270 votos o que se traduce en que contarán con tan só dous concelleiros, un menos que ata o de agora.
E a sorpresa da noite deuna a Agrupación de Electora (AER) quen con 832 votos logran entrar na corporación cun representantes que será ademais chave de goberno.
A FPG (613) e EU (263) non acadan representación do mesmo xeito que o Partido Galeguista. Con 631 votos a formación de Alejandro Bastos perde os dous concelleiros e abandona a corporación local.
Unha eleccións marcadas pola alta participación, xa que acudiron ás urnas un 66’6% dos electores, seis puntos máis que hai catro anos. Perde apoio claramente a opción do voto nulo que contabilizou 653 papeletas fronte ás 1.544 de hai catro anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará