Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha semana de titiriteiros

RR_Noticias

Arranca a programación de sala da XII edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela co espectáculo “A maxia das siluetas”. Como actividade paralela inaugúrase tamén a exposición “Retrato dun titiriteiro” de Pelu Vidal que se poderá visitar no Multiusos da Xunqueira ata o vindeiro 8 de xuño.

A través dos retratos realizados nas últimas edicións polo fotógrafo redondelán Pelu Vidal poderemos achegarnos a algunhas das compañías que en anos anteriores estiveron presentes no festival. A exposición consta dunha serie de fotografías arredor do mundo do títeres tomando como exemplo os retratos clásicos de mediados do século pasado. As imaxes pretenden crear un contraste coa idea preconcibida dos titiriteiros como persoas cómicas e divertidas. O fotógrafo opta por retratalos nunha pose de forzada seriedade para a continuación tratar a imaxe dixitalmente para envellecela. Vidal proponnos tamén un xogo alternativo xa que haberá unha gran imaxe de máis de dous metros na que se recolle unha instantánea do público. Convida aos espectadores a buscarse nesa gran fotografía. A mostra inaugúrase mañá aproveitando o primeiro dos espectáculos de sala que se poderá ver a partir das 21:00 horas a cargo de Arsenio Martíns, quen nos propón unha combinación poética entre a música e a imaxe que leva ao espectador a viaxar polo mundo das sensacións. O festival, que arrancaba xa na mañá de hoxe coa programación escolar prolongarase ata o domingo con espectáculos no Multiusos e ducias de propostas ao aire libre que encherán as rúas, prazas e os xardíns do Concello coas propostas de grupos chegados da India, Alemaña, Euskadi ou Madrid entre outros. En total 14 compañías que se poderán ver

Pelu Vidal fotógrafo
Unha exposición de retratos
Buscarse entre o público
Ademais dos retratos hai unha gran imaxe do público

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará