Do mesmo xeito que no resto da tempada, o equipo xuvenil masculino de Arealonga foi superior ós seus rivais e fíxose co campionato galego, por diante de Vilaxoán e Tirán. No absoluto feminino as redondelás tiveron que conformase coa segunda praza, por detrás de Samertolaméu, e na absoluta feminina os de Chapela foron cuartos nunha proba na que se impuxo Tirán.
Campionato Galego de TraíñasOs equipos que se mostraron intratables ao longo da tempada de traíñas repetiron onte como vencedores. O Club de Remo de Chapela en xuvenís, Samertolaméu en mulleres e Tirán en absolutos masculinos, subiron ao podio en Rianxo como Campións Autonómicos. En xuvenís Chapela, Vilaxoán, Tirán e Rianxo, abriron unha dura pelexa desde o comezo da regata, pero na recta final os de Arealonga foron marcando distancias e fixéronse coa primeira praza, seguidos a un barco por Vilaxoán nunha final emocionante. A un só segundo deles entrou Tirán, terceiro. Os tres deben ter praza para o Nacional. A continuación Rianxo foi cuarto, a menos dun segundo de Tirán.
Na categoría absoluta feminina as de Chapela, que viñan de gañar o Campionto Territorial Sur, tiveron que conformarse coa segunda praza. As mozas de Samertolaméu, que sufriron unha penalización de catro segundos, por provocar unha saída en falso, saíron con moita forza e foron gañando posicións desde o comezo até cruzar a meta con ampla vantaxe de trece segundos sobre as de Arealonga, aínda que, coa penalización, a vantaxe oficial quedou en nove segundos. As de Chapela non baixaron os brazos e tentaron poñerlle difícil a vitoria ás de Meira, e cruzaron a meta en segunda posición. Máis atrás Robaleira mantivo a terceira posición, que lles dá praza para o Nacional. Bueu e Cabo, pechaban a final.
Na categoría absoluta os de Tirán impuxeron o seu ritmo intratable e ninguén puido chegar a facerlles sombra. Foron os rotundos gañadores con doce segundos de vantaxe sobre Amegrove. En terceira posición e a catro segundos de Amegrove entrou Cabo de Cruz. Cuarto foi Chapela a menos de tres segundos. A próxima fin de semana celébrase en Vilaxoán o Campionato Nacional.
Resultado : Absoluto feminino: 1.- Samertolaméu, 15.04:94; 2.- Chapela, 15.13:62; 3.- Robaleira, 15.23:09; 4.- Bueu, 15.36:03; 5.- Cabo Cruz, 16.11:18.- Xuvenís: 1.- Chapela, 13.44:59; 2.- Vilaxoán, 13.48:56; 3.- Tirán, 13.49:87; 4.- Rianxo, 13.50:62; 5.- Cabo Cruz, 14.09:84.- Absoluto masculino: 1.- Tirán, 13.09:84; 2.- Amegrove, 13.21:53; 3.- Cabo Cruz, 13.25:91; 4.- Chapela, 13.28:12; 5.- Samertolaméu, 13.38:22.