Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os “indignados” de Redondela estudan convocar unha acampada na Alameda

RR_Noticias

Hoxe martes ás 20:00 horas diante do Multiusos da Xunqueira está convocada unha asemblea aberta a todos os que queiran participar para analizar posibles medidas e mobilizacións que acheguen o movemento do 15M ao centro de Redondela

Algúns veciños que estaban a colaborar activamente co movemento en Vigo e participando tamén da acampada que os indignados protagonizan na cidade olívica, decidiron dar este paso logo de comprobar a boa disposición de moitos redondeláns de cara a unha eventual acampada na vila. A idea collía corpo estes días pasados cando, no transcurso dunha campaña de recollida de sinaturas, comprobaron que existe unha petición real por parte de numerosos veciños para que se organicen mobilizacións en Redondela semellantes ás que se están a vivir en moitas cidades e vilas de Galicia. Por este motivo convocan unha reunión aberta ás oito da tarde de hoxe diante do multiusos onde se debateran diferentes asuntos, sendo o principal a realización ou non da acampada así como aspectos loxísticos e organizativos no caso de que a propostas saia adiante. Toman como exemplo o que está a acontecer en Vigo, onde ademais os acampados contan coa colaboración tanto do goberno local como da propia policía. A intención do movemento é favorecer a participación de todos os cidadáns da zona e dos concellos da comarca para continuar a traballar na elaboración de propostas. De feito, nalgúns lugares moitas protestas están expandíndose aos barrios e se están a organizar actividades tales como cursos ou obradoiros variados.

Isaac Villar
Unha proposta a de acampar que se debaterá hoxe
Santiago Pereira
Toman como referente a organización en Vigo
Fins Brico Gómez
Expallar as ideas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará