Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. de Chapela cede no Grove ante Cabo

RR_Noticias

A hexemonía de Amegrove na Liga Galega de Traiñeiras non é discutible, e xa se impuxeron nas oito regatas disputadas. Ata o de agora o barco de Chapela fora o único que lle seguía o ronsel, pero a situación mudou esta fin de semana. A sorpresa deuna Cabo de Cruz que por primeira vez lle arrebatou a segunda praza ós redondeláns. Tamén no Campionato Galego Cabo mellorou o resultado dos de Arealonga.

Amegrove-Interrías ten a Liga Galega de Traiñeiras na palma da man tras sumar a súa oitava vitoria noutras tantas regatas. Os de Porto Meloxo conseguiron o triunfo na XVII Bandeira Concello do Grove, na que a sorpresa a deu Cabo dá Cruz ao arrebatarlle, por primeira vez na tempada, a segunda posición a Chapela. Nun último longo espectacular e despois de remontar a vantaxe conseguida nas dúas primeiras viradas, até seis segundos, na última conseguiron pasar co mesmo tempo e iso deulles forza para sacarlle na liña de meta dous segundos á embarcación de Redondela. A loita pola cuarta praza da proba estivo entre Vilaxoán e Meira, ambas protagonizaron un duelo moi igualado que terminou coa vitoria dos de Villagarcia, que nun último esforzo superaron a liña de meta antes que os do Morrazo. En canto á clasificación xeral seguen a ser os de Arealonga os que ostentan a segunda da Liga Galega, a nove puntos de Amegrove, que é o líder indiscutible, e con once puntos de vantaxe sobre Cabo, que ocupa a terceira praza na xeral. E queda aínda moita liga por diante, cunha importante cita para esta fin de semana: a Bandeira Teresa Herrera, na Coruña. O sábado 30 dispútase a primeira xornada, ás 17.30 horas. O domingo disputarase a segunda xornada, a partires das 11.30.
Campionato Galego
O Campionato Galego de Traiñeiras, que onte se celebrou en augas de Vilaxoán, non deparou sorpresas, e traduciuse nun duelo espectacular entre Tirán e Amegrove. Mediron as súas forzas o actual campión da Liga Galega e a embarcación que milita na ACT . Todo apuntaba a que a embarcación moañesa dominaría a regata, e cumpríronse os prognósticos. Tirán impuxo a súa superioridade, con Amegrove na segunda posición. Na loita polo terceiro e cuarto posto Cabo de Cruz volveu impoñerse a Chapela.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará