Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela prepara unha calorosa benvida para os ciclistas na segunda etapa galega da Volta

RR_Noticias

  As rúas do centro da vila acollen hoxe parte da etapa desta proba ciclista, e son moitos os afeccionados que se achegarán ó centro da vila para ver pasar de preto o pelotón. Desde o Concello animan ós veciños a participar no recibimento, ó tempo que recomendan respectar as medidas de seguridade previstas.

Hoxe o protagonismo en Redondela é para a volta ciclista, cunha etapa que pasará sobre as 15.00 horas polo centro da vila. Está previsto que a duración do percorrido por este municipio sexa de entre 30 e 45 minutos. O percorrido será pola Praza de Ribadavia, Alfonso XII, Xeneral Rubín e logo tomarán a estrada nacional cara a parroquia de Cesantes para dirixirse a Arcade. Jesús Crespo, concelleiro de deportes, salienta que é un gran acontecemento para Redondela e comarca, un perfecto escaparate para a vila, polo que anima ós veciños a dar unha calorosa acollida ós ciclistas. Ao mesmo tempo lembra ós veciños a necesidade de extremar as medidas de precaución para evitar incidentes. As recomendacións tamén chegan desde Protección Civil. Lembren que se corta o tráfico no centro da vila por mor desta cita co ciclismo a partires das 15.00 horas. Os que teñan que desprazarse en coche deberán adiantar a súa saída ou ben buscar rutas alternativas, como explicaba desde o GRUMIR de Redondela Raul Acosta, que tamén pide a máxima colaboración do público para que todo se desenvolva sen incidentes. O pelotón afrontará hoxe a segunda etapa galega desta Volta a España. Os ciclistas partiron desde a localidade de Ponteareas e finalizará en Pontevedra, logo de 167,3 quilómetros e dous portos de terceira categoría. A chegada está prevista entre as 17.29 e as 17.53 horas. O percorrido pasa polo Porriño, Mondariz Balneario, Alto de Moscoso, Redondela, o Alto de Ponte Caldelas, San Xoán de Poio, Combarro, Sanxenxo, Meaño, Cambados, Vilariño e Meis.  

Jesús Crespo concelleiro de Deportes
Crespo anima ós veciños a participar nesta importante cita co ciclismo
Protección Civil
Desde o GRUMIR Raúl Acosta recomenda ós veciños evitar o paso en coche pola vila

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará