Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A motonáutica de Redondela coa elite mundial

RR_Noticias

Dous deportistas da A.D.C. Rande, David e Jose Álvarez, participan esta fin de semana na Copa do Mundo de Motonáutica PR-550 que se disputa en Barcelona. Conxuntamente celébrase o Campionato de España na mesma especialidade, na que piloto e copiloto agardan facerse cun oco no podio.

Teñen aínda un longo percorrido por estrada, pero José David Álvarez Barreiro e José Francisco Álvarez Boullosa agardan chegan a Cataluña para comezar cos adestramentos. Estes redondeláns, piloto e copiloto de Motonáutica PR-550, participan mañá sábado, e na xornada do domingo, no Campionato de España en Vilanova i la Geltrú (Barcelona). Tamén participarán na regata da Copa do Mundo de PR-550 nas mesmas datas. O seu obxectivo é facerse co campionato estatal, segundo nos explicaba David, ou cando menos “estar no podio”. O piloto redondelán entende que haberá “moita competencia” tanto por parte dos equipos galegos como dos cataláns, pero confían en facer un bo papel. Xa contan no seu palmarés con importantes éxitos, como varios Campionatos Galegos e o primeiro posto no Campionato do Mundo en modalidade de Resistencia. Para adestrarse para estas duras probas David explica que practican nas augas da ría de Vigo, con base en Chapela. Para poder participar nesta proba contan este ano coa colaboración do Concello, e tamén co apoio da Asociación Deportiva Cultural de Rande.  

David Álvarez piloto
David explica como son os adestramentos na Ría de Vigo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará