Veciño da parroquia do Viso, militante dende ó ano 2010 e número 3 da lista nacionalista nas pasadas eleccións municipais, Lusquiños substitúe no cargo a Xabier Balsas. O novo responsable local márcase como obxectivo “dar un pulo a organización local e achegar a máis persoas a participar da actividade política local dende o dialogo e a ilusión”.
Neste sentido, amosa a disposición da organización local do bloque “a recibir propostas, suxestións, denuncias e todo aquilo que dende os distintos colectivos e da veciñanza en xeral nos queiran facer chegar”.
Lusquiños fai un chamamento a que “o conxunto da cidadanía se achegue a nosa formación nesta nova andaina que comezamos para formar parte deste proxecto de país que representa o BNG, un proxecto nacionalista, un proxecto amplo ao servizo do pais e da súa xente”.