Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría busca 75.000 euros para retirar os diques da desembocadura do Alvedosa

RR_Noticias

Estes diques de pedra instaláronse na saída do río no ano 1926 co obxectivo de dar máis calado e permitir que os barcos chegaran ata o porto, situado antigamente no espazo que agora ocupa a praza de abastos. A actuación tivo consecuencias negativas ao interromper as mareas, provocar a acumulación de lodos e impedir que a area chegue a praia. A retirada desta escollera tería un custe de 75.000 euros e suporía, segundo explica o patrón maior, Clemente bastos, recuperar o estuario do río no seu aspecto orixinal.

A obra, realizada en torno ao ano 1926, consistiu na canalización do río Alvedosa na súa desembocadura coa construción de dous diques mergullables cuxo trazado discorría paralelo á canle principal do río dende a saída ata a punta Socorro na Portela. O obxectivo era gañar calado para permitir que os barcos accederan ata o porto, ubicado no espazo que agora ocupa o mercado. A obra, explica Bastos, tivo o efecto contrario e foi moi negativa para a zona “ao interromper as correntes fai que se acumulen os lodos e impide que a area saia en dirección  á  praia, que cada vez presenta menos area”. Dende hai tres anos, a Confraría está a traballar xa no proxecto para a retirada destas escolleras e actualmente están en fase de busca de financiamento. A actuación consistiría concretamente en retirar 350 metros de escollera de cada lado en dúas fases, devolvendo a desembocadura do río ao seu aspecto orixinal de inicios do século pasado. A obra tería un custe total de 75.000 euros e a Confraría en colaboración co Concello solicitará  que sexa subvencionada a través das axudas que se conceden para proxectos dos Grupos de Acción Costeira (GAC) ao abeiro dos plans estratéxicos cofinanciadas polo Fondo Europeo de Pesca.  

Clemente Bastos patrón maior
Unha obra realizada no ano 1926
Recuperar o aspecto orixinal
Melloraría as correntes e beneficiaría a recuperación de area nas praias
Custe da obra
Un proxecto de 75.000 que se quere financiar con Fondos Europeos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará