A praza do Concello acolle no mediodía de hoxe unha concentración silenciosa por Javier o neno de 11 anos asasinado polo seu pai este domingo en Oza-Cesuras no día no que o rapaz debía ser devolto a súa nai coa que vivía. Un crime considerado violencia de xénero na que o pai “emprega o xeito máis cruel e doloroso para causarlle dano a súa exparella” en palabras da Concelleira de Igualdade, Teresa París.
O pai e asasino do neno fora condenado en 2008 a non se achegar á súa ex-muller. En 2013 ela presentara unha denuncia contra el por ameazas nas redes sociais. Uns antecedentes que poñen sobre a mesa unha vez máis a necesidade de revisar o réxime de visitas dos maltratadores aos seu fillo, tal e como reclamaba nas últimas horas a Defensora do Pobo.