A cita gastronómica por excelencia no noso concello volveu ser todo un éxito en canto a asistencia de público e vendas de produto. A carpa, moito máis grande que en edición anteriores, estivo chea a rebordar na xornada de onte e tamén milleiros de persoas pasaron por esas instalación o sábado malia o mal tempo. Dende o Concello, organizadores do evento, estiman que se venderon ao redor de 9000 kilos de choco superándose notablemente as seis toneladas previstas.
Un dos momentos álxidos do día foi a lectura do pregón a cargo da presentadora e cantante Eva Iglesias, quen tirou de humor na que foi a súa primeira experiencia como pregoeira.