Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esgotadas as entradas para as visitas teatralizadas no Castelo de Soutomaior

RR_Noticias

A Deputación de Pontevedra esgotou en tres semanas todas as entradas para as visitas teatralizadas ao castelo programadas ata setembro.  A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción polo “rotundo éxito” deste programa, “unha grande idea cuxa extraordinaria resposta nos anima a repetir e ata a ampliar o número de sesións e prazas o vindeiro ano”.

Unha actividade posta en marcha o pasado ano por vez primeira e que este ano se está a repetir cun enfoque máis lúdico, dirixido a toda a familia. As visitas, nas que participan 30 nenas e nenos acompañados polas súas familias por sesión, mergulla aos e ás participantes “nunha divertida aventura a través da que coñecen os segredos e historia deste monumento medieval e que fai as delicias dos e das máis pequenas da casa”.
Con estas visitas a Deputación de Pontevedra quere ofertar unha forma diferente de descubrir e coñecer o Castelo de Soutomaior dirixida a todas as persoas que integran a familia, dende as máis pequenas ás maiores, dun xeito divertido e interactivo para que as nenas e nenos poidan coñecer a súa historia dende un punto de vista máis próximo, de forma que cada visita sexa unha auténtica aventura.
En total, a Deputación de Pontevedra organizou para este verán 34 visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior de 45 minutos para grupos dun máximo de 30 persoas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará