Hoxe é Sábado 30 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As análises confirman a mellora da calidade da auga en Arealonga

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente asegura que os resultados das analíticas deste ano reflicten unha gran mellora na calidade da auga e adiantan que estes resultados traduciranse nunha mellor cualificación deste areal por parte da Axencia Europea de Medio Ambiente. Este organismo chegara incluso a recomendar o peche do areal pola elevada concentración de patóxenos nas súas augas, unha situación que dende o Concello dan por controlada logo dos traballos desenvolvidos para detectar e eliminar vertidos.

Unha vez finalizada a época de baño estival, a concellaría de Medio Ambiente fai balance do estado da calidade da auga en praia de Arealonga. Durante o período de baño e como é preceptivo, a consellería de Sanidade efectuou as correspondentes análises microbiolóxicas como os vén realizando os últimos anos en todas as praias das costas galegas. Unhas análises que se viron complementadas con outras efectuadas en datas alternas aos tomados pola Consellería, co obxecto de contar cun estudo máis exhaustivo e preciso da calidade da auga nesta praia.
O resultado das análises “deixan uns valores de contaminación nas augas moi por baixo dos limiares marcados por Sanidade”. Estes resultados non só aseguran a calidade da auga da Praia de Arealonga para todos os bañistas, explican dende o Concello, “senón que levará un aumento substancial da cualificación desta praia de cara ao verán do ano próximo”. Dita cualificación estará entre os parámetros de suficiente, boa ou excelente pendente da comunicación escrita por parte da Consellería de Sanidade unha vez que analicen e cataloguen os resultados obtidos e se valoren todas as obras e actuacións realizadas polo Concello neste último ano, enfocadas a detectar e eliminar verteduras mediante obras novas de saneamento e reposición dalgunhas existentes con separativa de pluviais e fecais, etc
Desde o grupo de goberno valórase moi positivamente todas as actuacións realizadas ata o momento e engaden que como proba do traballo feito “este ano non houbo que izar en ningún momento a bandeira vermella nesta emblemática praia de Chapela”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará